best free website creator

TELEXESTIÓN E MONITORIZACIÓN

Aforro e control

Control en tempo real.

A monitorización é parte esencial do proceso de mellora continua na xestión das instalacións. ISOSI ofrece os sistemas máis modernos de monitorización e telexestión para optimizar a xestión de instalacións e o seu consumo enerxético:

-Telemedida de consumos
-Monitorización de instalacións en tempo real
-Telexestión de sistemas de control en instalacións

CONTROL TOTAL


ISOSI constitúe a solución de telexestión para o control e supervisión a distancia de instalacións. Trátase dun potente sistema deseñado para poder monitorizar e operar remotamente instalacións eléctricas, de iluminación, de calefacción, etc. incrementando a eficiencia na xestión das instalacións e proporcionando aforros económicos por un uso máis razoable dos recursos enerxéticos. 

A telexestión responde ás necesidades de numerosos ámbitos de aplicación, e ofrece todo un abano de ferramentas:

  • Alarmas

    1. Alarmas

    Ser alertado automaticamente en caso de avaría ou de fallo de funcionamento dunha instalación.

  • Control

    2. Control

    Controlar permanentemente e a distancia o funcionamento dunha instalación.

  • Mando

    3. Mando

    Actuar a distancia sobre os equipos controlados.

  • Xestión

    4. Xestión

    Rexistrar as informacións co fin de analizalas e optimizalas, así como xestionar a distancia o funcionamento das instalacións controladas.

O sistema.

ISOSI está formado por un conxunto de equipos hardware e sistemas software distribuídos en tres niveis de implantación; campo, control e xestión. No nivel de campo áchanse os elementos captadores das variables físicas, como luz, temperatura, magnitudes eléctricas etc., así como os actuantes necesarios para executar a resposta do sistema de control.

O funcionamento:

O nivel de control está constituído polos controladores e módulos de xestión enerxética e de control de cargas. Neste nivel recíbense os sinais dos elementos de campo e por medio da lóxica dos algoritmos de control elabóranse as respostas orientadas a reducir o consumo e optimizar a eficiencia, dependendo do tipo de instalación.

As opcións de xestión son, entre outras:

- As comunicacións entre o nivel de campo e o nivel de xestión
- O control de cargas (horario e/ou automático)
- O control da climatización
- As estratexias de iluminación
- A xestión de alarmas
- A xestión do consumo enerxético da instalación

Obxectivos

A telexestión ten dous claros obxectivos, por un lado o control do gasto e por outro a xestión do mantemento das instalacións
Para conseguir os devanditos obxectivos, o sistema ISOSI apoiase nos seguintes aspectos:

Monitorización das instalacións

Control remoto individual punto a punto de cada consumidor

Capacidade de actuación por circuíto para optimizar o tipo de control

Un conxunto de ferramentas de tipo software para centralizar a actuación sobre a instalación

XESTIÓN PARA O AFORRO

A base do control do gasto é poder saber que consumo estamos tendo e onde se está producindo. Se non, non será posible corrixir o comportamento das instalacións. Para poder coñecer o consumo é necesario monitorizar a instalación (esta monitorización achéganos máis información que a estritamente necesaria para o control do gasto, e que repercute no mantemento e seguridade das instalacións). E para poder corrixir o consumo, necesitamos actuar sobre os elementos da instalación, modificando o seu patrón de comportamento. 

As ferramentas de software combinadas coa información que se obtén da monitorización constitúen a ferramenta de xestión do mantemento, permitindo controlar calquera incidencia en tempo real e téndoa sempre localizada.