Mobirise

ISOSI BUILDING

Sistema de telexestión e centralización de instalacións de alumeado interior.

ISOSI BUILDING

O obxectivo de ISOSI BUILDING é a xestión integrada destas tecnoloxías para realizar o control total da instalacións. Está composto por un conxunto de módulos de campos, elementos de captación de sinais, elementos de saída, procesadores de comunicación e plataformas de visualizado capaces de xestionar as instalacións de iluminación, persianas, climatización, salas audiovisuais, unidades de climatización e de control de cargas. 

CATÁLOGO
0%

Ate un 40% en aforro de enerxía

Grazas a funcións como consumos temporizados, arranque controlado de cargas ou alumado adaptado a luz ambiental.
0%

Ate un 30% de aforro en redución de potencia

Grazas ó sistema integral das instalacións, a factura enerxética xa non será un problema.

O SISTEMA

NIVEL DE CAMPO

Neste nivel atópanse os elementos captadores de variables físicas como a luz ou a temperatura e os actuantes necesarios para executar a resposta do sistema de control.

NIVEL DE CONTROL

O nivel de control está constituído polos controladores e módulos de xestión enerxética e de control de cargas dentro do bus ISOSI. Neste nivel recíbese o sinal dos elementos de campo e, por medio da lóxica dos algoritmos de control, elabóranse as respostas orientadas a reducir o consumo e buscar a eficiencia nas instalacións.

NIVEL DE XESTIÓN

Neste nivel atópanse os elementos de xestión de comunicacións, é dicir, as plataformas e software de nivel alto para a xestión integral do sistema: Isto supón:

•supervisión gráfica da instalación
•pasarelas de comunicacións con outros sistemas
•servidores de comunicacións
•telexestión

TELEXESTIÓN de ISOSI. O elemento diferenciador.

A telexesión de ISOSI é un sistema avanzado que axuda a reducir os custos derivados do consumo enerxético grazas a unha monitorización e control en tempo real, permitindo grandes aforros e unha predición da factura eléctrica.

Controlar o consumo enerxético

Reducir significativamente o custe da enerxía

Mellorar a calidade e a eficiencia no servizo

Reducir custos de operación e mantemento

Mellorar os niveis de servizo

Reducir os fallos e riscos eléctricos

APLICACIÓNS MÁIS HABITUAIS:

EDIFICIOS E GRANDES INFRAESTRUTURAS: Xestión integral das instalacións de interior. Xestión integral significa coñecer o estado de funcionamento da instalación en xeral e de cada elemento que a compón, tendo, ademais, a capacidade de actuar sobre cada consumidor para optimizar o rendemento da instalación. 



Sistema integrado de telexestión, control e eficiencia deseñado para a centralización de instalacións de centros de transformación, subestacións e distribución en media e baixa tensión, coas funcionalidades de supervisión e control a distancia, xestión da enerxía e intercomunicación co xestor de redes, en tempo real.

Potente ferramenta para o control e redución do gasto enerxético e a optimización do funcionamento dos sistemas de ventilación, calefacción, frío e iluminación co obxecto de que os diferentes sistemas funcionen unicamente o tempo necesario e cando sexa preciso.