Website Maker

ISOSI HOME & COMMERCE

Reduce a factura eléctrica aumentado confort, seguridade e accesibilidade.

ISOSI HOME & COMMERCE

ISOSI Home & Commerce é un sistema avanzado de xestión integral de instalacións domóticas e inmóticas de interior, que permite un aforro enerxético de ate un 40% e melloras en confort, seguridade e accesibilidade. A tecnoloxía céntrase na optimización enerxética do fogar ou negocio analizando os patróns de consumo e propoñendo alternativas para reducir o gasto.

CONTROL E XESTIÓN DO GASTO

Monitorice, prediza e controle en tempo real o consumo enerxético.
Monitorización online

Medición dos parámetros eléctricos e de indicadores enerxéticos e de custes. Sectorización e desagregación de consumos. Supervisión en tempo real de consumos e procedementos. Obtención da curva de carga da instalación.

Xestión enerxética

A predición enerxética proporciona información ao usuario sobre a demanda futura, axudando na programación de horarios de consumo dos usuarios finais da enerxía co obxecto de optimizar o funcionamento do sistema.

Facturación

Simulación de factura. Predición da demanda. Xeración de informes comparativos. Análise e optimización da tarifa contratada.

Confort e seguridade

Sensores de movemento, de apertura de cerramentos, de fumes, gases e auga. Envío de alarma en tempo real. Control de temperatura e humidade. Programación do funcionamento da calefacción. Control punto a punto da iluminación. Control de toldos e persianas. Centralización das instalacións.

0%

Ate un 40% en aforro de enerxía

Grazas a funcións como consumos temporizados, arranque controlado de cargas ou alumado adaptado a luz ambiental.
0%

Ate un 30% de aforro en redución de potencia

Grazas ó sistema integral das instalacións, a factura enerxética xa non será un problema.

TELEXESTIÓN de ISOSI. O elemento diferenciador.

A telexesión de ISOSI é un sistema avanzado que axuda a reducir os custos derivados do consumo enerxético grazas a unha monitorización e control en tempo real, permitindo grandes aforros e unha predición da factura eléctrica.

Controlar o consumo enerxético

Reducir significativamente o custe da enerxía

Mellorar a calidade e a eficiencia no servizo

Reducir custos de operación e mantemento

Mellorar os niveis de servizo

Reducir os fallos e riscos eléctricos

APLICACIÓNS MÁIS HABITUAIS:

RESIDENCIAL: Completa gama de produtos que permite cubrir as seguintes áreas de automatización:

Xestión enerxética, Iluminación, Persianas e toldos, Calefacción, ventilación e aire acondicionado, Música e vídeo, Visualización, Seguridade e Confort.