best free web software

ISOSI. A empresa.

ISOSI ENERXÍA é unha empresa tecnolóxica española dedicada ao deseño, desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos e sistemas, hardware e software, para a monitorización, control e xestión da enerxía en instalacións.

ISOSI

A nosa experiencia abarca máis de 20 anos ofrecendo ao mercado produtos para controlar e optimizar o consumo de enerxía logrando sistemas máis eficientes, económicos e sinxelos de manter. Os produtos e solucións de ISOSI ENERXÍA abarcan os seguintes sectores:

Transporte e distribución de enerxía:

Monitorización, xestión enerxética, control de avarías e xestión de nodos.

Sector primario:

Xestión enerxética e control de climatización.

Industria:

Xestión de enerxía, control de climatización, control de motores e control de cargas.

Servizos públicos:

Xestión de enerxía e xestión do mantemento.

Edificios e grandes infraestruturas:

Utilización de enerxías renovables, xestión de enerxía, control de motores, control de climatización e seguridade.

Residencial:

Utilización de enerxías renovables, xestión de enerxía, control de iluminación, control de climatización, control de cargas e seguridade.

EXPERIENCIA Á SÚA DISPOSICIÓN.

Somos unha empresa especializada na xestión eficiente da enerxía, formada por un grupo experto de enxeñeiros con ampla experiencia en diferentes campos vinculados coa xestión enerxética, capaces de deseñar e desenvolver solucións a medida de cada cliente. 

A nosa filosofía parte do compromiso e da eficacia, traballando conxuntamente co propio cliente para ofrecer o mellor servizo.

Os nosos obxectivos:

ISOSI nace co obxectivo de prover solucións integrais en materia de control e xestión da enerxía nos principais sectores de actividade, para mellorar a eficiencia, reducir o consumo, mellorar a calidade na prestación dos servizos e reducir o impacto do consumo enerxético sobre o medio ambiente.

ENERXÍA

CONTROL

EFICIENCIA

“Consulte en ISOSI as diferentes solucións e comece a aforrar dende XA”